Mel Multifloral Premio AGA

Mel Multifloral Premio AGA

Mel Multifloral Premio AGA

Mel tradicional producida en Galicia a partir da riqueza floral
dos nosos apiarios.

De sabor suave e equilibrado, é a mel que obtivo o máximo
recoñecemento no concurso da Asociación Galega de Apicultura,
ademais de importantes premios internacionais.

Dispoñible en formatos de 500 g e 1 Kg.

A nosa mel multifloral

A mel multifloral Berce procede principalmente das floracións
de castiñeiro, eucalipto e queiroga, que lle achegan un perfil
aromático equilibrado e un sabor suave e agradable.

Segundo as análises realizadas, presenta unha composición
predominante de castiñeiro (54%), eucalipto (22%) e
queiroga (14%).

Trátase dunha mel 100% natural, sen aditivos nin conservantes,
que conserva todas as súas propiedades grazas a unha extracción
e envasado tradicional.

Beneficios

  • Fonte natural de enerxía.
  • Alternativa ao azucre refinado.
  • Complemento ideal para deportistas.
  • Axuda a aliviar molestias respiratorias.
  • Recoñecidas propiedades antibacterianas.

Formatos dispoñibles

Mel Multifloral 500 g

500 g

Ideal para o consumo diario e para descubrir
todo o sabor da nosa mel multifloral tradicional.

Mel Multifloral 1 Kg

1 Kg

O formato perfecto para os auténticos amantes
da mel e para toda a familia.

Recoñecementos

Cinco Estrelas AGA

London Honey Awards

Excellent Taste Silver 2026