
Mel de Castiñeiro
Mel monofloral elaborada principalmente a partir do néctar das flores do castiñeiro galego.
Caracterízase pola súa cor escura, aroma intenso e sabor persistente, sendo unha das variedades máis apreciadas polos amantes da mel tradicional.
Recollida e envasada tradicionalmente nos nosos apiarios de Vedra e Forcarei, conservando todas as propiedades naturais dun produto auténtico e de proximidade.
Dispoñible en formatos de 500 g e 1 Kg.
A nosa mel de castiñeiro
A mel de castiñeiro Berce procede principalmente das floracións do castiñeiro galego, complementadas pola presenza de queiroga.
Segundo as análises realizadas, presenta unha composición predominante de castiñeiro (73%) e queiroga (27%).
Destaca pola súa cor escura, aroma intenso e un sabor complexo no que se combinan notas doces, amargas e lixeiramente salgadas, características que a converten nunha das meles máis valoradas polos consumidores.
Características
- Mel monofloral de castiñeiro galego.
- Aroma intenso e persistente.
- Cor ámbar escura.
- Fonte natural de vitaminas e minerais.
- Moi apreciada na gastronomía tradicional.
Formatos dispoñibles

500 g
Ideal para descubrir o sabor intenso e característico da mel de castiñeiro.

1 Kg
O formato perfecto para fogares cun consumo habitual de mel e para os amantes dos sabores máis intensos.
Recoñecementos

London Honey Awards

Excellent Taste Silver 2026